Amosando publicacións coa etiqueta CRÍTICAS DE CINE CON ILUSTRACIÓN. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CRÍTICAS DE CINE CON ILUSTRACIÓN. Amosar todas as publicacións

11. ALIEN (Ridley Scott, 1979)

 



Ilustración persoal (personal):
en construcción

*Crítica en castellano al final del presente texto (en "mostrar").

O minimalismo da música artellada por Jerry Goldsmith (A profecía, 1976) serve como acompañante dun inicio marcado pola desacougante tranquilidade que produce a visión dunha nave que sulca pesadamente o espazo exterior. A irrupción en pantalla do armatoste inquieta polo feito de representar movemento (teórica vida) nun contexto tan solitario, calmo e escuro.

A cámara coarase entón nela escudriñando un interior aínda menos tranquilizador, pois semella non haber xente que tripule a estructura. O único ser que parece alterar a calma reinante aló dentro é o son ambiente do propio respirar da tenebrosa nave. Cores negra e azul pálido (metáfora de frialdade e distancia), tuberías, condutos de ventilación, comportas herméticas e corredores estreitos que conducen a cuartos máis grandes, conforman o groso do decorado. 

7. A XUNGLA DE ASFALTO/ LA JUNGLA DE ASFALTO/ THE ASPHALT JUNGLE (John Huston, 1950)


                                    
                                              Ilustración persoal (personal): 



*Crítica en castellano al final del presente texto (en "mostrar").

Bastantes son as ocasións nas que, despois de desfrutar cun noir, quedo coa agradable sensación de ter asistido a algo fermoso, romántico, aquilo que de xeito natural moitos destes clásicos en branco e negro semellan desprender. E é que coido que o cine negro é un xénero que se presta bastante a transcender no imaxinario colectivo de maneira moi romántica, quizáis, por unhas estéticas, moi marcadas, ideais pra albergar historias de personaxes tan perigosos coma sexys e idealizables.

Pois ben, no filme de Huston non hai un ápice de romanticismo, máis aló do que pode existir polo seu carácter de clásico en branco e negro, porque é evidente que da man do branco e negro vai sempre un inherente e característico romanticismo, e nunca se intenta disimular que a súa historia non é pra pasar ningún tipo de rato entretido. Mais ben parece dicírsenos ás claras que o que imos ver é unha exposición analítica continuada de personaxes patéticos (ben é certo que se un o desexa pode abstraerse disto e ver, sinxelamente, unha peli na que uns tipos duros se xuntan pra dar un golpe).

6. A SENDA TENEBROSA/ LA SENDA TENEBROSA/ DARK PASSAGE (Delmer Daves, 1947).



                     Ilustración persoal (personal): 
                  

             
*Crítica en castellano al final del presente texto (en "mostrar").

Vincent Parry (Humphrey Bogart) fuxe do cárcere de San Quintín dentro dun barril transportado por un camión. Chegados a certo punto proxéctase co barril pola costa dunha ladeira. Aterra na faldra desta de xeito violento e sae despedido. Incorpórase. A cámara filma, dende o interior do metálico recipiente, e a certos metros de distancia, a un protagonista desconcertado que, de costas ao espectador, olla a maneira de proseguir coa escapada mentres unha pequena ponte lle serve coma parapeto.

Esta será unha das poucas veces, no primeiro tercio de filme, no que vexamos ao protagonista de corpo presente. A meirande parte do resto do tempo, no que a Parry se refire, a cámara adoptará unha transguesora perspectiva subxectiva co fin de non revelar a súa identidade. Primeira persoa que favorece a inmersión na historia. Tamén é certo que o recurso pode trocarse algo mareante ou canso pra o propio espectador. Porén, coido que o experimento é máis que satisfactorio.

4. O MALVADO ZAROFF/ EL MALVADO ZAROFF/ THE MOST DANGEROUS GAME (Ernsest B. Shoedsack, Irving Pitchel, 1932).



 Ilustración persoal (personal):



*Crítica en español al final del presente texto (en "mostrar").

Turno nesta volta pra outro clásico, non especialmente coñecido, pero non por iso menos reivindicable. 

Filme de terror e aventuras codirixido por Ernsest B. Shoedsack (King Kong, 1933) e Irving Pitchel (El milagro de las campanas, 1948), que ademáis conta coa música do egrexio Max Steiner (Casablanca, 1942).

3. MATAR UN REISEÑOR/ MATAR UN RUISEÑOR/ TO KILL A MOCKINGBIRD (ROBERT MULLIGAN, 1962).



                         ILUSTRACIÓN PROPIA:

 *Crítica en castellano al final del presente texto (en "mostrar").

Matar un reiseñor é especial pra min. mbrame a aquela infancia miña que no mes de agosto se desenrolaba nunha fermosa aldeíña galega. Aló miña irmá is eu percorriamos incansablemente a case que virxinal ruralidade que nos rodeaba. Éramos ceibes, ou, alomenos, a nosa liberdade non nos estaba condicionada do mesmo xeito que na cidade

Supoño que é esa maxia da nenez, no contexto dun entorno rural, a que comparto co filme; alén do feito de estar protagonizada por irmá e irmán. Unha película que revisito cada tantos anos só polo mero efecto balsámico que produce en min o recordar, a través do seu humanista candor, etapas da miña vida xa máis próximas a unha ilusión que a ningún tipo de realidade. 

De feito, coido que atrapar a esencia da infancia, ata o punto de retrotraer ao espectador á súa propia, é unha das súas grandes características.
 

2. O MAGO DE OZ/ EL MAGO DE OZ/ THE WIZARD OF OZ (Victor Fleming, 1939).


ILUSTRACIÓN PROPIA:



*Crítica en castellano al final del presente texto.

Dorothy (Judy Garland) desexaba voltar a Kansas, ao lar, coa tía Emma e o tío Henry. Entendo que quixera estar de novo na casa, inda que ás veces custe comprender por que querería deixar a incrible Oz, que tanto lle dera, pra retomar a súa aburrida e gris vida no Medio Oeste norteamericano.

Mais, comezarei polo principio:

A vida da rapariga transcorre ao redor dunha granxa  situada no medio de ningures. Bastas extensións de terreo e ceos sempre anubados confírenlle ao ambiente a propiedade do insondable. Non semella haber aló outra cousa que planicies polvorentas e celeiros. Un cárcere eterno, carente de marxes físicos, erixíndose en puro pesadelo pra unha moza que ansía descubrir novos horizontes e persoas.

1. RETORNO AO PASADO/ RETORNO AL PASADO/ OUT OF THE PAST (Jacques Tourneur, 1947).



ILUSTRACIÓN PROPIA:


*Crítica en castellano al final del presente texto.

Retorno ao pasado é un dos cumios da carreira do franco-norteamericano Tourneur. Realizador prolífico e destacado que ben merece ser reivindicado neste eido coma un dos grandes.

Abrollaría con A muller pantera (1942), á que ían seguir dous notábeis e tamén terroríficos filmes: O home leopardo (1943) e Eu andei cun zombi (1943). Na postreira traxectoria, alén do terror e o fantástico, onde a magnífica A noite do demo (1957) será outro bo expoñente da súa querencia polo xénero, ha destacar coas aventuras, western ou cinema negro.