20. RÉQUIEM POR UN SOÑO / RÉQUIEM POR UN SUEÑO / RÉQUIEM FOR A DREAM (Darren Aronofsky, 2000)



*Crítica en castellano al final del presente texto (en "mostrar").

Non se pode negar: se o cine é unha manipuladora mentira, entón Réquiem por un soño sublima esta arte.

Deliberadamente incómoda e insá, consegue que unha das últimas cousas que a un se lle poidan ocorrer ao rematar de vela sexa un: mataría por un xute! Desculpade a carallada, pois as drogas e as súas consecuencias, eixo do filme, ben merecen pouca banalización. Pero culpade a Aronofsky (O cisne negro, 2009), el foi o primeiro en facelo.

E non me malinterpretedes, pois son dos que se deixan facer moi a gusto, e paso bastante de andar afondando polo miúdo na lexitimidade dos efectismos empregados polos realizadores mentres non me amolen. Mais aquí o fan.


Se o que se pretende, como semella pretenderse, é tratalo asunto con seriedade, coido que os artificios deberían de ser empregados con maior respecto e sobriedade. Do contrario, córrese o risco de incorrer nun involuntario espectáculo circense.

E é que desconfío bastante das teóricas boas intencións concienciadoras daquelas películas que erixen as súas denuncias baixo acentuados regodeos estéticos e atmosféricos, filmacións epilépticas, pretendido histrionismo actoral ou musiquiñas desquiciadas. Os cales rematan por acaparar un protagonismo que fai sombra ao propio fondo.

Unha sucesión insufrible de pinchazos emocionais tan efectivos coma efectistas. Se consegue o seu propósito, a través dunha subxectividade que intenta plasmar o sentir dun drogadicto, é sacrificando (asasinando a machadas), ironicamente, un tratamento serio de verdade para co mundo das drogas.

Fáltalle honestidade, ou, o que é o mesmo, sóbralle cinismo e pretensión artística.

CALIFICACIÓN:




CRÍTICA EN CASTELLANO:



 
NOITE NA CIDADE (NOCHE EN LA CIUDAD) ◄Design by Pocket, BlogBulk Blogger Templates