17. O CARRO E O HOME / EL HOMBRE Y EL CARRO (Antonio Román, 1940) [CURTAMETRAXE//CORTOMETRAJE]



  CURTAMETRAXE COMPLETA // CORTOMETRAJE COMPLETO:


                                       (EN GALEGO SEN SUBTÍTULOS / EN GALLEGO SIN SUBTÍTULOS)







(EN GALEGO CON SUBTÍTULOS EN CASTELÁN / EN GALLEGO CON SUBTÍTULOS EN CASTELLANO)



*Crítica en castellano al final del presente texto (en "mostrar").

O carro. E que é o que é un carro? Pois por definición, aplicable ao contexto galego, que é do que se trata, un carro sería un vehículo, tirado por bestas, destinado ao transporte quer dunha cousa, quer doutra: millo, patacas, herba, leña, etc.

Mais, aló dunha definición, pra Galiza, o carro é un elemento chave non xa do entorno rural, senón da propia idiosincrasia do conxunto do pobo galego.

Neste País dos mil ríos (como por algúns é alcumado poeticamente), a ruralidade definía e segue a definir mellor que calquera cousa, malia o seu deterioro progresivo, froito da diáspora e do posterior e actual esquecemento relativo dos políticos polo agro, o carácter desta terra. E o elemento físico que mellor pode representar dita esencia, inda sendo, como xa é, un recordo ou peza de museo, é o carro: quen de facer fronte aos máis tortuosos camiños, de existiren, nesta terra ateigada de aldeas e pequenas vilas que, ata non hai tanto, carecían de boas comunicacións. 


A curtametraxe, dirixida por Antonio Román (Os derradeiros de Filipinas, 1945) e guionizada polo etnógrafo Xaquín Lorenzo, "Xocas", relata a vida do carro dende o seu nacemento até a súa morte, e, polo tanto, tamén a das xentes e os seus costumes dentro dun entorno característico que define o seu carácter.

Filmada en Lobeira (Ourense) no 1940, a película queda sen pista sonora en galego (inda que si será presentada no 1945 en castelán; cousas da censura) até que en 1980, coa colaboración do Museo do Pobo Galego, Eloy Lozano decide engadirlla. A voz en off correría da conta do propio Xocas, quen sen dúbida potencia co seu ton doce, nostalxico e algo avellentado, xunto cunha moi apropiada música clásica, a mística que envolve as imaxes que ilustran o folclore dun pobo milenario.

O estilo documental recorda irremediablemente a soviéticos como Einsenstein, Vertov, Pudovkin, Dovjenko e outros coetáneos. Tamén o xeito humanista de vencellar ao home coa natureza, empatizando por ámbolos dous e as súas problemáticas, nesa sempre difícil relación da civilización co salvaxe, pode lembrar e lembra a traballos do xenial director estadounidense Robert Flaherty (nunca está de máis deixar constancia do meu amor incondicional por esa obra mestra chamada Louisiana Story; aínda que esta película que nos ocupa beba, por unha cuestión de datas, por exemplo de Nanook, o esquimó ou de Homes de Arán).

Un filme que, coma o carro, non debera caer no esquecemento por lembrarnos e axudarnos a tomar conciencia de quenes somos. 

CALIFICACIÓN:





CRÍTICA EN CASTELLANO:

















 
NOITE NA CIDADE (NOCHE EN LA CIUDAD) ◄Design by Pocket, BlogBulk Blogger Templates