4. O MALVADO ZAROFF/ EL MALVADO ZAROFF/ THE MOST DANGEROUS GAME (Ernsest B. Shoedsack, Irving Pitchel, 1932).



 Ilustración persoal (personal):



*Crítica en español al final del presente texto (en "mostrar").

Turno nesta volta pra outro clásico, non especialmente coñecido, pero non por iso menos reivindicable. 

Filme de terror e aventuras codirixido por Ernsest B. Shoedsack (King Kong, 1933) e Irving Pitchel (El milagro de las campanas, 1948), que ademáis conta coa música do egrexio Max Steiner (Casablanca, 1942).

Cóntasenos aquí, como nunha remota illa fictícia do Pacífico, Barracuda, vive o multimillorario conde cosaco Zaroff; un tipo obsesionado pola caza que, aburrido xa de dar morte só a animais, comeza a practicar o seu deporte favorito con persoas. 


O expresionista emprego das luces e as sombras xoga un papel fundamental á hora de xerar inquedanza, alén da fermosura implícita de dito movemento. Algo poupable tanto na morada do conde coma nos entornos selváticos. Eses mesmos entornos, por certo, que un ano máis tarde servirían pra acoller ao todopoderoso King Kong, e que aquí, e do mesmo xeito que no filme do mico xigante, axudan a crear unha sensación de perigoso e marxinal exotismo; algo moi pouco tranquilizador na fuxida que os nosos protagonistas, Joel McCrea e Fay Wray, intentarán levar a cabo na illa do tolo Zaroff, e que translada ao espectador a imposibilidade que ambos teñen pra pedir axuda a ninguén nese contexto tan hostil.

61 minutiños de entretemento e profundidade psicolóxica que non deberan de caer no esquecemento
  
CALIFICACIÓN:




CRÍTICA EN ESPAÑOL:






 
NOITE NA CIDADE (NOCHE EN LA CIUDAD) ◄Design by Pocket, BlogBulk Blogger Templates