9. O PAN E A RÚA / EL PAN Y LA CALLE / NAN VA KOUTCHEH (Abbas Kiarostami, 1970) [CURTAMETRAXE//CORTOMETRAJE]

CURTAMETRAXE COMPLETA//CORTOMETRAJE COMPLETO:


                                                                                  (SEN DIÁLOGOS// SIN DIÁLOGOS)



*Crítica en castellano al final del presente texto (en "mostrar").

Comeza o filme, con intelixente inxenuidade, centrando a nosa atención nun rapaciño despreocupado que se dirixe á súa casa co pan. Cedo, a esta inocente vítima, preséntaselle un conflito que o agarrota e ao que antes ou despois deberá de facer fronte: como evadir un can pouco amigable cruzado na súa ruta. O certo é que, polo seu modo de estar plantexado, é inevitable empatizar co malpocado cativo e sentir, pola contra, certa xenreira para co cuadrúpede cabrón que o obstaculiza.

Despois de ver como se esfumaban outras posibles vías coas que sortear ao animal, o neno lánzase cara o inevitable. Nun comezo non é ben recibido polo "malas pulgas", pero dá un anaco de pan a este que non só consegue aplacalo (algo pretendido polo neno pra superar o encordio) senón amansalo de tal xeito que, agora, vemos que a súa ferocidade debíase a súa falla de alimento mais que a unha inherente violencia do becho. 
A partires deste intre o cadelo pasa a ser nova vítima e protagonista central do relato. En actitude xoguetona, pero sen esquecer o sustento, segue ao rapaz ata a súa casa (quizáis esperanzado ante un futuro mellor: atopar un teito). Abre a porta a nai do pequecho, mira reprobadoramente a este pola súa tardanza e, seguidamente, observa ao cerrulo de xeito fugaz pra sentenzar, cun desairado portazo, que aquela casa non será pra el.

Remata a historia co animal na rúa, sen teito nin alimento. Ben é certo que, asomando ao final da estreita e inclinada calella, un novo raparigo aparece cun pan baixo o brazo como querendo brindarlle unha nova oportunidade de seguir na loita disto chamado vida.

Kiarostami non pretendía facer do cánido un antagonista polo que sentir xenreira, senón outro personaxe polo que sentírmonos preocupados unha vez comprendido que o can tamén intentaba resolver o similar, pero máis apremante, conflito que se lle plantexaba: o da supervivencia.

Non era, polo tanto, peor que o mociño. 

Potenciado por un estilo realista, a ollada de Kiarostami sobre o que o rodea non é especialmente amable; porén tampouco diría que esta é rotundamente pesimista. Máis ben parece desprender un enorme e vitalista humanismo que nos alenta a non desfalecer.

A curta, sen diálogos, válese na súa meirande parte do son ambiente pra afianzar dito realismo. 

  

Secasí, hai momentos puntuais nos que certas músicas irrumpen pra realzar e facer compaña ao que nas imaxes sucede (isto confírelle ao conxunto certo ton cómico de agradecer): 

unha versión instrumental do Od-La-Di Ob-La-Da, The Beatles, serve como acompañamento desenfadado a un inicio no que un desprazamento lateral da cámara pretende aportar unha sensación de contínua viveza ás rúas polas que transita un rapaz alleo ao que se lle aveciña. Sensación de viveza buscada pra contrastar co solitario, silencioso e "aterrador" estatismo posterior do ambiente e da própia cámara. Unha peza de jazz, música esta á que sempre é complicado de prever, case como se non resultase de fiar, acompaña a un home do que o crío se quere valer, pra, indo tras del, pasar sen ser agredido polo can. Pero o home toma outra dirección e con el vanse as esperanzas mentres a música jazz tamén se alonxa paseniño no horizonte (momento xenial). finalmente outra musiquiña graciosa xurde cando o cuzo acompaña alegremente ao meniño simbolizando o fin da tensión entre ambos.

Tamén de salientar é o emprego dos espazos nunhas ruíñas claustrofóbicas (estreitas e de muros altos), que máis se asemellan a unha ratoeira (na que rodear ao perigo semella imposible), que a outra cousa.

Cine de autor delicado, sinxelo e, ao mesmo tempo, un grande exemplo de como contar unha historia en imaxes. 


CALIFICACIÓN:




CRÍTICA EN CASTELLANO:







 
NOITE NA CIDADE (NOCHE EN LA CIUDAD) ◄Design by Pocket, BlogBulk Blogger Templates