10. ESTACIÓN CENTRAL DO BRASIL / ESTACIÓN CENTRAL DE BRASIL / CENTRAL DO BRASIL (Walter Salles, 1998).




*Crítica en castellano al final del presente texto (en "mostrar").

Estación central do Brasil é un drama que se constrúe emocionalmente dende unha visión desoladora: aquela derivada da miseria que transpira a estación central de ferrocarrís de Río de Janeiro, e que pretende sintetizar o subdesenvolvemento que, nunha importante porcentaxe, sofre o Brasil na súa sociedade.

Entre dita miseria atópase Dora, unha antiga proferosa que agora malvive escribindo cartas pra xente analfabeta. Cartas que nin sequera se molesta en enviar aos seus destinatarios (sinal de que a miseria a foi deshumanizando até o punto de vivir por inercia e sen demasiados principios morais). Un día unha muller, da man do seu fillo Josué, alle pedir a Dora que escriba unha carta pra  seu marido, ao que vai tempo que non ve. A muller morrerá atropelada por un autobús cando sáia da estación, e o neno vagará por esta ata que Dora decida facerse, en aparencia, cargo del. E digo en aparencia porque Dora ha de chegar, en primeira instancia, a vender ao pequeno a traficantes de órganos (logo unha amiga faralle remove-la conciencia pola súa acción e rematará por rescatar ao rapaz de todo aquel horror).




O problema deste comezo non é que o retrato miserento que se fai sexa irreal, senón máis ben o aproveitamento que de dito contexto pretende facerse pra predispoñer ao espectador no emocional (escenas como a dos traficantes de órganos; ou a do ladrón axustizado a punta de pistola, por un vixiante que logo resultará ser o mesmo co que Dora negocia pra vender ao cativo son, dende a miña óptica, innecesarias e tendenciosas).

Coido que a película funciona moito mellor cando arrinca, nunca mellor dito, coma road movie. Aí semellan ser a propias persoas as protagonistas; vólvese todo máis sinxelo e o devandito contexto miserento pasa a un saudable segundo plano (aínda que non se renegue por isto a seguir facendo crítica social en base a este - o cal non deixa de ser un dos eixos fundamentais do filme).

Nesta segunda parte meniño e muller acompáñanse na súa propia pesquisa de identidade: Dora volve a humanizarse e a lembrar que está disposta a vivir. O neno consegue unha nai (alomenos temporalmente) e certas expectativas de futuro.

Tamén son de interese, debido á emoción que conseguen transmitir, personaxes como a do camioneiro evanxélico. A este respecto é de salientar o énfase que se fai nas crenzas relixiosas. Non é coincidencia que Xesús (pai biolóxico de Josué, Isaías, Moisés -todas referenzas bíblicas) sexa o nome elexido pra representar sarcásticamente a un pai que non está nin se lle espera. Como ao propio Xesús de Nazaret. Porén, estas figuras (a dos dous Xesús) non deixan de ser, nunha existencia difícil como a relatada, asideiros de esperanza para desesperados.


CALIFICACIÓN:





CRÍTICA EN CASTELLANO:





 
NOITE NA CIDADE (NOCHE EN LA CIUDAD) ◄Design by Pocket, BlogBulk Blogger Templates